Ir o contido principal

A USC colabora nun acto de sensibilización e visibilización da discapacidade visual na Fundación Eugenio Granell

A USC colabora nun acto de sensibilización e visibilización da discapacidade visual na Fundación Eugenio Granell
A USC colabora nun acto de sensibilización e visibilización da discapacidade visual na Fundación Eugenio Granell

O vindeiro xoves 13 de outubro, Día Mundial da Visión, a Fundación Eugenio Granell acollerá un acto de sensibilización e visibilización da discapacidade visual organizado pola Asociación ‘ Tiresias Galicia discapacidade visual: B1+B2+B3’ co que colabora a Universidade de Santiago e a Concellería compostelá de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, que contará coa presenza de personalidades de prestixio na loita contra a cegueira.

O punto central do acto será a inauguración ás 19.30 horas dun proxecto fotográfico de superación persoal dunha persoa con discapacidade visual, Retratos Sobre Fondo Negro, da que é autora Pilo Gallizo. Pecharán Lois Pérez, narrador oral, e escritor e Uxía, unha das mellores voces do noso pais.

Retratos sobre fondo negro
Este traballo de retratos que poderá visitarse atao o 26 de outubro é un proxecto de superación persoal no que a autora fotografa a xente que quere. Trátase dun plan produto dunha serie de visitas que tivo na súa casa como consecuencia dun ano de convalecencia dunha enfermidade que lle provocou a perda da vista, da que conserva solo o trinta por cento. Para iso montou un pequeno estudo e decidiu retratar a todos aqueles que foron vela.

Trátase dunha homenaxe á xente corrente e á fotografía como ferramenta de transformación persoal e social. Estas fotografías falan dun momento, dunha situación, dunhas emocións, un recordo. A súa vida atópase ligada a estas persoas, protagonistas destas imaxes e copartícipes dese momento inesquecíbel.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2016.