Ir o contido principal

A USC colabora co Instituto Tecnolóxico da Produción de Perú no desenvolvemento dun estudo sobre moluscos bivalvos

O reitor Juan Casares e a directora executiva científica do Instituto Tecnolóxico da Produción, Mercedes Inés Carazo de Cabellos, acaban de asinar un convenio para o desenvolvemento conxunto dun proxecto de investigación no estudo de moluscos bivalvos. O acordo vincula ao Instituto Tecnolóxico e a USC no desenvolvemento dun proxecto de investigación básica sobre a detección molecular de Adenovirus, Aichi virus, Astrovirus, Enterovirus, virus da hepatite E, Sapovirus e Rotavirus en moluscos bivalvos, que ademais contará co financiamento da convocatoria do Programa de Ciencia e Tecnoloxía de Perú.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2013.