Ir o contido principal

A USC colabora na organización do curso de cinema do CGAC ‘Derivas da modernidade’

A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social co organiza co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) o curso de cinema ‘ Derivas da modernidade. Do cinema clásico ao cinema moderno. Intuicións, eclosións e ecos dos novos cinemas da modernidade (1950- 1980)’ que se vai celebrar do 22 de outubro ao 6 de maio de 2015. A inscrición, que xa se pode formalizar, daralle dereito ao alumnado matriculado en calquera dos títulos de grao da USC a solicitar o recoñecemento de 1 crédito pola súa participación neste curso. As sesións celebraranse os mércores de 19.00 a 20.30 horas no auditorio do CGAC. O prezo da matrícula é de 80 € para as persoas que se inscriban do 1 ao 22 de outubro e de 70 € para quen a formalice antes do 31 de setembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2014.