A USC colabora co proxecto Login_Galicia para coñecer a xestión dos montes comunais
O grupo de investigación Sociedade, Tecnoloxías e Territorio do Idega (Gis-t IDEGA) colaborará co proxecto Login_Galicia para estudar a xestión das comunidades rurais, facendo especial fincapé no relacionado cos montes veciñais en man común. Un Login_ é unha viaxe de traballo deseñada para descubrir de forma activa e sensible cómo se relacionan determinados bens coas comunidades que os xestionan e cómo se manifestan as normas que se foron desenvolvendo. Así, a viaxe-xornada de traballo discorrerá durante a fin de semana do 22 ao 24 de xuño pola comarca das Mariñas, nos concellos de Irixoa e Paderne. Nela pretenderase contribuír a unir o coñecemento que existe en torno á cultura libre, o software libre e a xestión de bens comunais agroalimentarios. Na experiencia tentarán descubrir se son viables economicamente os modelos de xestión comunais, se facilitan a xeración de comunidade nos territorios rurais e se é posible achegar o uso das TIC´s a estes territorios mediante unha linguaxe que lles resulte propio e non alleo. Para participar, existen dúas modalidades: a viaxe completa ou a xornada do sábado. En ambos casos é necesario inscribirse a través de info [at] loginmadrid.net (info[at]loginmadrid[dot]net) ou chamando ao teléfono 678211851.