Ir o contido principal

USC e Colexio de Agrónomos entregan este martes os Premios Fin de Carreira San Cidre 2018 no auditorio da Casa do Saber

O acto desenvolverase a partir das 18.00 horas

A USC e o Colexio Oficial de Agrónomos de Galicia celebrarán este martes 22 de maio, a partir das 18.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o acto de entrega dos Premios de Fin Carreira 2018, no marco dunha sesión na que tamén se agasallará con diplomas e insignias ás persoas que veñen de titularse nas convocatorias de xuño de 2017 e febreiro de 2018.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, será o encargado de dar a benvida a todos os participantes neste acto de entrega de premios, unha celebración na que tamén participará o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos, Pedro Calaza, e a secretaria do órgano colexiado, Alejandra Álvarez de Mon, ademais de representantes políticos como a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, e o deputado provincial Pablo Rivera Capón.

A directora do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Inés Santé, ofrecerá nesta sesión un relatorio no que explicará o cometido do ente que dirixe. Asemade, o decano do Colexio Oficial de Enxeñerios Agrónomos de Galicia tamén falará sobre os obxectivos da enxeñería agronómica no desenvolvemento sustentable, segundo a ONU.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.05.2018.