A USC e o Colexio de Avogados de Lugo organizan unhas xornadas sobre as reformas do Dereito Penal
O martes 27 a partir das 18.00 desenvólvense na sede do Colexio Provincial de Avogados de Lugo (R/ Pascual Veiga, 2) unhas xornadas sobre as reformas do Dereito Penal, organizadas conxuntamente pola USC e o colexio lucense de avogados. O encontro componse de dous relatorios, centrados respectivamente na responsabilidade penal das persoas xurídicas (a cargo do catedrático de Dereito Procesual da Universidade Carlos II de Madrid, Víctor Moreno Cátera) e na reforma do Código Penal en materia de terrorismo e crime organizado (o relator deste segundo encontro é o fiscal de sala do Tribunal Supremo Javier Zaragoza Aguado). Os directores das xornadas son o decano do ICA de Lugo, José Félix Mondelo Santos, e a catedrática de Dereito Procesual da USC, Raquel Castillejo Manzanares.