A USC e o Colexio de Avogados de Santiago asinarán un convenio para a impartición do Máster en Avogacía
O reitor Juan Casares e o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, asinarán o vindeiro luns 23 ás 11.00 horas o convenio de colaboración para a impartición e docencia conxunta da formación profesional do Máster universitario en Avogacía. A sinatura celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome e regulará ademais a relación da USC e da organización colexial no relativo á organización do período formativo das prácticas externas do máster de acordo coa lexislación que regula o acceso ás profesións de avogado e procurador de tribunais.