A USC e o Colexio Notarial de Galicia asinan un convenio marco de colaboración
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, e a decana do Ilustre Colexio Notarial de Galicia, María Isabel Louro, asinarán este mércores 23 un convenio marco de colaboración entre ambas as dúas entidades. A sinatura terá lugar ás 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. As actuacións que engloba este acordo refírense aos ámbitos cultural, científico, pedagóxico, de investigación e calquera outro que sexa de interese para as partes.