Ir o contido principal

A USC comeza a producir máscaras de protección para o persoal sanitario

As máscaras producidas na USC poranse ao dispor das autoridades sanitarias tan pronto como sexa posible para a súa posterior distribución
As máscaras producidas na USC poranse ao dispor das autoridades sanitarias tan pronto como sexa posible para a súa posterior distribución
A Universidade emprega a técnica de impresión 3D para axudar a facer fronte á crise global provocada polo brote de coronavirus
Lugo, Santiago de Compostela

A USC a través do seu Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes comezou este martes a producir máscaras de protección para o persoal sanitario mediante a técnica de impresión 3D, dada a escaseza deste material no mercado. Ademais, a Universidade está a promover a mobilización de todas as impresoras 3D da institución, co obxectivo de coordinar a fabricación e distribución destas máscaras e maximizar así a súa produción.

Neste senso, estase negociando a posibilidade de que un reducido equipo de traballo poda desenvolver o proceso de produción en varias quendas, organizadas de tal xeito que permitan cubrir a totalidade da xornada. Con este fin, está previsto o desenvolvemento dun minucioso protocolo de actuación, que maximice as medidas de protección e garanta a seguridade do persoal involucrado. As máscaras producidas na USC poranse ao dispor das autoridades sanitarias tan pronto como sexa posible para a súa posterior distribución.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.03.2020.