Ir o contido principal

A USC e o Concello de Ames asinarán un contrato para o desenvolvemento dun proxecto de xestión da transparencia pública neste concello

O reitor Juan Viaño, o alcalde do Concello de Ames José M. Miñones Conde, e o director xeral da Fundación Empresa-Universidad Galega (FEUGA), Francisco Javier Pereiro Pérez, asinarán este venres 29 un contrato administrativo para a elaboración dunha diagnose e implantación dunha metodoloxía de xestión da transparencia pública no concello de Ames. O acto protocolario de sinatura celebrarase ás 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

O proxecto desenvolverao o grupo de investigación de Psicoloxía Comercial, Comportamento do Consumidor, Estudos de Opinión e Márketing Interno e de Servizos da USC baixo a supervisión do catedrático de Metodoloxías das Ciencias do Comportamento, Jesús Varela Mallou. Pola súa banda, FEUGA asumirá a competencia no ámbito económico, financeiro e contable.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2016.