Ir o contido principal

A USC concorre aos XV Premios de Edición Universitaria con oito volumes e unha colección

A USC concorre aos XV Premios de Edición Universitaria con oito volumes e unha colección
A USC concorre aos XV Premios de Edición Universitaria con oito volumes e unha colección

A Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu Servizo de Publicacións, concorre con oito libros editados en 2011 e unha colección á décimo quinta edición dos Premios Nacionais de Edición Universitaria que convoca a Unión de Editoriais Universitarias (UNE). Concretamente, a institución compostelá participa cos títulos El Pórtico de la Gloria. Música, arte y pensamiento, 2ª ed. e Edith Wharton: Back to Compostela/Regreso a Compostela, edición literaria de Patricia Fra, na modalidade de «Obra mellor editada»; Dinámica Cerebral. Reproducción facsmilar, de Justo Gonzalo, na modalidade de «Mellor monografía en Ciencias da Saúde»; La ciencia del suelo. Origen, concepto y método, de Francisco Díaz-Fierros, en «Mellor monografía en Ciencias Experimentais e de Tecnoloxías»; Iconos de la Tiranía. La recepción crítica de Tirano Banderas (1926-2000), de Dru Dougherty, na modalidade «Mellor monografía en Ciencias Humanas e Sociais»; David Hume: Diálogos sobre la religión natural. Edición tricentenario (1711-2011), coeditada coa Universidade de Wyoming, en «Mellor coedición interuniversitaria»; Utopía, de Tomás Moro, tradución de Helena de Carlos, na modalidade de «Mellor tradución»; Portions of Economics, de Manel Antelo (formato epub), na de «Mellor edición dixital e multimedia», e Publicaciones de la Cátedra Juana de Vega, na modalidade de «Mellor colección». A estes premios poden concursar as 64 editoriais e servizos de publicacións das universidades e centros de investigación españois que forman parte da UNE. Fallados por un xurado independente, valóranse aspectos como a orixinalidade e calidade do deseño editorial; o interese, relevancia e oportunidade no campo da transmisión do coñecemento científico; a capacidade de difusión e comercialización das entidades editoras e a súa traxectoria editorial, entre outros. Tres veces premiado

O Servizo de Publicacións da USC obtivo xa tres galardóns nos Premios Nacionais de Edición Universitaria. Á mellor monografía en 2000 por Café con Gotas. Edición facsimilar; á mellor tradución en 2001 por Atanasius Kircher: Ars Magna Lucis et Umbrae; e á mellor colección en 2011 por Clásicos do Pensamento Universal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2012.