A USC e a Confederación de Empresarios de Galicia asinarán un convenio marco de colaboración
O reitor Juan Casares e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, asinarán este martes 31 un convenio marco de colaboración nun acto protocolario que dará comezo ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Ao abeiro deste convenio marco, a USC e a CEG desenvolverán conxuntamente xornadas, seminario e encontros nos que se prestará especial atención a actividades periódicas de reflexión sobre temas de actualidade no ámbito laboral ou fiscal a través dunha Escola de Debate. Ademais, a Universidade e a Confederación traballarán no desenvolvemento do proxecto Intrauni, de axuda on line e disposición de materiais da denominada Escola en Liña.