A USC conmemora os 150 anos da publicación de 'A orixe das especies' e os 200 anos do nacemento de Darwin
A Universidade de Santiago celebrará ao longo de 2009 o ‘Ano Darwin’ cun programa de actividades que conmemora os 200 anos do nacemento de Charles Darwin e os 150 da publicación da súa obra A orixe das especies.O programa de actos presentarase en rolda de prensa este mércores, 7 de maio, ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Intervirán os profesores Helena de Carlos e Francisco Díaz Fierros e os decanos de Medicina, Bioloxía e Ciencias da Educación, José María Fraga, Jaime Gómez Márquez e Luis Ferradás, respectivamente.