Ir o contido principal

A USC conmemora con tres concertos no Paraninfo o bicentenario do nacemento de Franz Liszt

A USC conmemora con tres concertos no Paraninfo o bicentenario do nacemento de Franz Liszt
A USC conmemora con tres concertos no Paraninfo o bicentenario do nacemento de Franz Liszt

Con motivo do segundo centenario do nacemento do compositor e pianista húngaro Franz Liszt, a Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela organiza coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña un ciclo de concertos baixo o título ‘Franz Liszt, o peregrino’. Os recitais, todos eles ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) con entrada libre ata completar o aforo, serán ofrecidos por tres pianistas. A primeira cita será o martes, 11 de outubro, co intérprete cubano Antonio Queija Uz que ofrecerá un programa que inclúe Valse Mefisto nº1: “O baile na taberna da vila”; Mazeppa (Estudo transcendental nº4); Nocturno nº3 “Soño de amor”; Rapsodia Húngara nº6; Sonata en Si menor; e Rapsodia española (Folies d’Espagne et jota aragonesa). Xa o martes, 18 de outubro, o pianista vigués Juan Ignacio Martínez Pardo interpretará Nuages gris; Années de pèlerinage, Deuxième année, Italie: nº 4 Sonetto 47 del Petrarca; Années de pèlerinage, Première année, Suisse: nº 9 Les cloches de Genève; Années de pèlerinage, Première année, Suisse: nº 6 Vallée d'Obermann; Harmonies poétiques et religieuses: nº 2 Ave Maria; Années de pèlerinage, Deuxième année, Italie: nº 1 Sposalizio; Soirées de Vienne: nº 6 (Valse-caprice d’a près Schubert); e Études d’exécution transcendente: nº 11 Harmonies du soir. Por último, o martes 22 de novembro será a quenda da pianista xaponesa Haruna Takebe cun programa que, baixo o título ‘Reminiscencias de Franz Liszt’, inclúe tanto obras propias de Liszt como pezas nas que o intérprete húngaro revisou obras de Donizetti, Schubert, Chopin e Wagner. Conforman o programa Les Jeux d’eau à la Villa d’Este (No.4 Anées de Pèlerinage, troisième année); Ballade No.2 Si menor; La lugubre gondola No. 2; Liebesträume; Reminescences De Lucia Di Lammermoor; Liebesbotschaft No.10 (Schwanengesang); Auf dem Wasser zu spielen No.2 (12 Lieder); Mein Freuden No.5 (Six Chants Polonais); e Isoldens Liebestod. Franz Liszt Liszt (Raiding, actual Hungría, 1811-Bayreuth, Alemaña, 1886) foi o precursor do recital para piano e o pianista máis influinte do século XIX, ademais dun dos innovadores da harmonía nesa época, sobre todo co uso de complicados acordes cromáticos.

Entre as súas 350 obras pianísticas destacan os doce Estudos de execución trascendental (1851), as vinte Rapsodias húngaras (1846-1885; nº 20 sen publicar), os Seis estudos sobre un tema de Paganini (1851), o Concerto nº 1 en mi bemol maior (1849; revisado en 1853), o Concerto nº 2 en la maior (1848; revisado en 1856-1861) e as pezas que forman os tres volumes de Anos de peregrinación (1855, 1858, 1877).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2011.