Ir o contido principal

A USC conmemorou o Día Internacional das Mulleres

'As mans do traballo' é a imaxe do cartel conmemorativo da USC co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora 2011, imaxe gañadora do I Certame de Fotografía ‘Ruth Matilda Anderson’
'As mans do traballo' é a imaxe do cartel conmemorativo da USC co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora 2011, imaxe gañadora do I Certame de Fotografía ‘Ruth Matilda Anderson’
Celebrarase este mércores 9 nun acto celebrado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca

A USC conmemorou o Día Internacional das Mulleres nunha sesión académica que comezou coa entrega dunha placa conmemorativa ao Centro Interdisciplinario de Estudos Feministas e de Xénero da USC, en recoñecemento do seu labor docente e investigador en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. A sesión celebrada no Salón Nobre do Colexio de Fonseca baixo a presidencia do reitor Juan Casares, encargado de entregar a placa á directora do Centro Interdisciplinario, a catedrática Rita Radl, contou coas intervencións da vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González; e a concelleira delegada de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago; Mar Martín. Deseguido, o grupo de música antiga Resonet ofreceu un concerto dedicado a Rosalía de Castro para continuar coa mesa redonda ‘ Coñecemento científico, xénero e políticas universitarias e igualdade: perspectiva de presente e miradas de futuro’. Moderada pola vicerreitora Benita Silva, interviñeron como relatores a catedrática de Historia da Comunicación da Autónoma de Barcelona; Amparo Moreno; as profesoras dos departamento de Xeografía e de Economía Aplicada da USC, Motserrat Villarino e Mª do Carmo García Negro; e o do Departamento de Socioloxía, Jorge García Marín.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.03.2011.