Ir o contido principal

A USC, convidada polo Tribunal de Contas Europeo para participar nun seminario sobre Avaliación de Servizos ecosistémicos

O profesor Sebastián Villasante, do Departamento de Economía Aplicada da USC, participou como relator convidado no seminario ‘Valuing Nature and Biodiversity – Tools for Environmental Auditing’, organizado polo Tribunal de Contas Europeo en Luxemburgo o pasado 26 de outubro.

Na xornada interviñeron ademais Eva Mayerhofer, líder especialista en medio ambiente e biodiversidade do Banco Central Europeo; o profesor da Universidade de Eslovenia Luka Juvancic, e Adam Symos, da Universidade de Brookes Oxford (Reino Unido).

O evento congregou máis de 250 especialistas e persoal técnico do Tribunal de Contas Europeo co obxecto de discutir o desenvolvemento de marcos conceptuais e protocolos para incrementar a cobertura de análise dos servizos ecosistémicos e identificar os principais mecanismos de financiamento para o seu monitoreo na Unión Europea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2018.