Ir o contido principal

A USC coordina una reunión internacional de expertos en xestión de océanos

A USC coordina una reunión internacional de expertos en xestión de océanos
A USC coordina una reunión internacional de expertos en xestión de océanos

O Centro Tecnolóxico do Mar acolle unha nova reunión do grupo de traballo sobre resiliencia e servizos de ecosistemas mariños do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), que coordina o profesor e investigador Sebastián Villasante, vinculado ao departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago. O encontro reunirá este xoves 12 e o venres na sede da Fundación en Vigo preto dunha trintena de científicos de diferentes países que tratarán de avanzar na xestión dos beneficios do medio mariño na súa contorna. A directora de CETMAR, Paloma Rueda Crespo, será a encargada de abrir a reunión, a segunda que celebra este grupo de traballo desde a súa constitución tras a celebración da Conferencia Científica Anual de ICES na Coruña, que tivo lugar en setembro de 2014. Na primeira xornada os científicos debaterán sobre o interese da innovación social na xestión dos beneficios dos ecosistemas mariños, poñendo especial atención na identificación das necesidades de investigación, e nas prioridades que se identifican desde a perspectiva de diferentes colectivos interesados (pesca industrial, artesanal, acuicultura, turismo).

Está prevista ademais a constitución de subgrupos para traballar sobre os beneficios dos ecosistemas mariños baixo a estratexia do crecemento azul; as dimensións sociais, económicas, culturais e institucionais destes servizos; as sinerxías entre eles e a súa relación con actividades tradicionais como a pesca artesanal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2015.