Ir o contido principal

A USC coordinará tres novos proxectos singulares de mobilidade con América Latina

Sitúase así entre as primeiras universidades europeas en mobilidade e cooperación internacional

A Universidade de Santiago, a través da súa Oficina de Relacións Exteriores (ORE), coordinará tres novos proxectos do programa Erasmus Mundus-External Cooperation Windows de mobilidade internacional con América Latina. O financiamento da Unión Europea para estes proxectos supera os 11 millóns de euros anuais, que van destinados a bolsas e gastos de desprazamento. A USC é a única universidade que nesta edición conseguiu tres novos proxectos como coordinadora.
Os detalles deste importante logro, que sitúa á USC entre as primeiras universidades europeas en mobilidade e cooperación internacional, explicaranos nunha rolda de prensa este luns 29 o reitor compostelán, Senén Barro; o vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino; e o responsable da ORE, Enrique López-Veloso. Será ás 11:00 na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2009.