USC e Deputación asinan un convenio para desenvolver medidas que permitan captar máis estudantes para o campus de Lugo
O reitor Juan Viaño e José Ramón Gómez Besteiro informarán, a partir das 12.00 horas, das medidas incluídas neste acordo de colaboración entre as dúas institucións
O reitor da USC, Juan Manuel Viaño Rey, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, asinarán este martes, día 17 de xuño, un convenio, a través do que ambas institucións desenvolverán diversas actuacións orientadas a aumentar a captación de estudantes para o campus de Lugo.
A sinatura deste convenio, que servirá para poñer en marcha un plan de choque específico para o campus de Lugo, e que contempla diversas liñas de acción específicas, terá lugar ás 12.00 horas, no transcurso dun acto público que se celebrará no salón de actos do Pazo de San Marcos da capital luguesa.