Ir o contido principal

A USC e a Deputación da Coruña porán en marcha un novo protocolo de actuacións conxuntas

A USC e a Deputación da Coruña porán en marcha un novo protocolo de actuacións conxuntas
A USC e a Deputación da Coruña porán en marcha un novo protocolo de actuacións conxuntas

O reitor da Universidade de Santiago, Juan casares, mantivo este mércores na Coruña unha reunión de traballo co presidente da Deputación, Diego Calvo. Na xuntanza acordaron poñer en marcha un novo protocolo de actuacións de cara a mellorar o desenvolvemento dos proxectos nos que participe a institución coruñesa. Segundo explicou Calvo ao remate do encontro, a intención de ambos é procurar un novo xeito de colaboración nun proxecto, “importante e de futuro”, para garantir o bo funcionamento da Universidade. “Sentando unhas novas bases e fixando o que é importante e vital para o desenrolo da actividade universitaria, poderemos colaborar mellor e evitar duplicidades”, explicou. Neste mesmo senso manifestouse o reitor Juan Casares Long, que confirmou a elaboración dun novo protocolo de cooperación de cara “a un mellor futuro”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.01.2013.