Ir o contido principal

USC e Deputación impulsan a captación de alumnos e de talento para o campus de Lugo cun programa de bolsas

Cartaz promocional da campaña
Cartaz promocional da campaña
Matrícula de balde para os 90 mellores expedientes preuniversitarios de Galicia que comecen estudos de grao en Lugo no curso 2015-16 e 45 bolsas de máster dirixidas a titulados coas notas máis altas...

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Deputación Provincial de Lugo veñen de poñer en marcha a segunda edición do programa 'Para estudar Lugo', a través do que a institución provincial financia o 50% do custe da matrícula de primeiro curso naquelas titulacións de grao impartidas no campus de Lugo nas que a demanda de alumnado non cubre as prazas ofertadas, ademais de lanzar o plan de captación de talento ‘O teu esforzo ten premio en Lugo’.

Esta nova convocatoria, que está aberta ata o 30 de xullo, ofrece 90 matrículas de balde (seis en cada un dos 15 títulos de grao existentes) para os mellores expedientes académicos preuniversitarios (BAC e FP) de Galicia e 45 bolsas para que os graduados/as (tres por titulación) no campus lugués con mellores cualificacións poidan inscribise de balde no curso 2015-16 en calquera dos másteres oficiais impartidos pola USC na cidade amurallada. Plan ‘Para estudar Lugo’ O programa 'Para estudar Lugo' contempla o desconto do 50% do custe da matrícula para estudantes que no curso 2015-16 comecen os seus estudos no campus de Lugo da USC nalgún dos seguintes títulos de grao: Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais Grao en Enxeñaría Civil Grao en Xeomática e Topografía Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural Grao en Lingua e Literaturas Españolas Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural Grao en Administración e Dirección de Empresas Grao en Xestión e Dirección de Pemes Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos O número de bolsas financiadas será o mesmo que o das prazas de novo ingreso cubertas en cada título. A concesión das axudas é automática sempre que os solicitantes sinalen no web da USC no que formalizan a matrícula que se acollen a este programa de bolsas da Deputación. Os que soliciten tamén bolsa do Ministerio, que cubra os custes de matrícula, non pagarán taxa algunha ata que se resolva a súa concesión ou non. En caso de non ter a bolsa do Ministerio si gozarían da bonificación do 50% por parte da Deputación Provincial de Lugo. Mellores expedientes preuniversitarios Os seis mellores expedientes preuniversitarios (BAC e FP) de Galicia que se se inscriban para o curso 2015-16 no primeiro curso de calquera dos 15 títulos de grao (as bolsas outorgadas a matrículas nos dobres títulos de grao en Enxeñaría Civil, Xeomática e Topografía, e en Enxeñaría Agrícola Agroalimentaria, Forestal e do Medio Natural xa se deducen das titulacións matrices) ofertados pola USC no campus de Lugo terán a súa matrícula de balde. Catro destas bolsas están dirixidas a estudantes de Bacharelato e dúas para alumnos que acceden a estudos universitarios logo de completar ciclos formativos ou programas de Formación Profesional. Poderán optar a estas achegas alumnos que teñan superado en centros docentes na comunidade galega os dous cursos que conforman calquera das modalidades de Bacharelato e Formación Profesional, e que remataran os seus estudos de Bacharelato ou FP no curso académico 2013-2014 ou 2014-2015 (convocatoria de xuño). Para participar nesta convocatoria de axudas é necesario que a nota media das cualificacións obtidas en Formación Profesional ou nos dous cursos de calquera das modalidades de Bacharelato sexa igual ou superior a 8,75 puntos. Matrícula de balde en másteres Os tres mellores expedientes de cada título de grao impartido pola USC en Lugo que soliciten no curso 2015-16 cursar algún dos másteres oficiais ofertados pola USC na sede universitaria luguesa tamén terán matrícula de balde. Poderán optar a estes axudas os graduados egresados do campus de Lugo nos cursos 2013-2014 ou 2014-2015 (convocatoria de xuño). Os candidatos/as deben ter superada a titulación nos anos previstos no plan de estudos en función da dedicación ao estudo que tivesen recoñecida. Para estes efectos, ao número de anos que figure no expediente do titulado sumaráselle un ano máis por cada 60 créditos validados ou recoñecidos en estudos de Grao e por cada 75 créditos validados ou recoñecidos en estudos anteriores. A media do expediente académico dos graduados/as que aspiren a ser beneficiarios desta liñas de axudas deberá ser igual ou superior a 8 puntos en estudos vinculados ás ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, e de 7 puntos, en estudos pertencentes ás ramas de coñecemento de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura. Prazos de presentación de solicitude O prazo de presentación de solicitudes para a presente convocatoria rematará o 30 de xullo de 2015. Os modelos de solicitude e as bases das citadas convocatorias poden consultarse no BOP da Deputación de Lugo do sábado 30 de maio de 2015. As persoas interesadas tamén poden atopar cumprida información ao respecto do programa de incentivos para estudar no campus de Lugo na Oficina de Información Universitaria da USC. A documentación pode presentarse persoalmente no rexistro da Deputación Provincial de Lugo, mediante envío por mensaxeiro ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC) dentro do prazo sinalado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2015.