Ir o contido principal

A USC, a Deputación Provincial de Lugo, Caixa Rural Galega e a CEL renovan o seu compromiso de traballo conxunto

As catro entidades asinan novamente un convenio anual de colaboración que se vén actualizando desde o ano 1995

O martes 4, ás 11.30 horas, o salón de actos da Deputación Provincial de Lugo acollerá o acto de sinatura para a renovación do convenio de colaboración entre a USC, a Deputación Provincial de Lugo, Caixa Rural Galega e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL). No acto toman parte o reitor da USC, Juan Casares; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; o presidente de Caixa Rural Galega, José María Pardo Montero; e o conselleiro executivo da CEL, Jesús Quintá García. Deste xeito amplíase un ano máis o compromiso de colaboración entre estas entidades, que se mantén desde 1995, cando se puxo en marcha como xeito de establecer un servizo que relacionase as demandas específicas en materia de investigación en xeral, e de investigación aplicada en particular, no marco do Campus de Lugo. Froito deste convenio inicial foi a creación do Centro de Innovación e Transferencia Tecnolóxica (CITT) de Lugo, unidade que desde entón se encarga do desenvolvemento das liñas de acción derivadas do acordo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2012.