‘USC, Editora’ reconstrúe o asasinato de Lucrecia Bermúdez de Castro, señora da Casa de Montaos, a mans do seu home

O libro Nobleza y régimen señorial en Galicia. La Casa de Montaos en los siglos XV e XVII reconstrúe os feitos, os motivos que o orixinaron e as consecuencias do asasinato de Lucrecia Bermúdez de Castro, señora da Casa de Montaos, a mans do seu home. A obra acaba de presentarse este luns na Facultade de Xeografía e Historia integrada no selo ‘USC, Editora’ do que conforma o cuarto volume desta marca de calidade do Servizo de Publicacións da USC. A presentación contou coa presenza da vicerreitora adxunta para estudos de Grao e Posgrao, Mª Isabel González Rey; do autor, o profesor Antonio Presedo Garazo; do prologuista, do tamén profesor en calidade de prologuista Pegerto Saavedra; do decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso; e do director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC (SPIC), Juan Blanco. A obra estuda os estados nobiliarios galegos nos séculos XVI e XVII, tomando como exemplo o estado de Montaos, da linaxe Bermúdez de Castro, como explicou explicou o seu autor Antonio Presedo, nunha intervención na que dando conta do seu agradecemento ás persoas implicadas na publicación do libro, mostrou ademais a súa “convicción importante nos editores galegos e máis particularmente nos editores universitarios”. Nobleza y régimen señorial en Galicia continua unha “xeira brillante de textos dados ás imprentas por profesores universitarios” nunha das disciplinas que o director do Servizo de Publicacións Juan Blanco cualificou como “máis dinámicas” no que atinxe a súa produción científica, en referencia á área de Historia Moderna. Blanco indicou que a obra fai o número catro de ‘USC, Editora’, denominación comercial que dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente polo SPIC e sometidas a un sistema propio de avaliación. O selo nace como resposta ás crecentes iniciativas a prol de salientar e visibilizar a calidade e rigor das publicacións universitarias. Seguíndolle na quenda de intervención, o decano do centro Juan Monterroso considera que a obra presentada “pon en evidencia a actividade intensa e eficaz” que se rexistra arredor dos estudos de Historia Moderna, así como noutras disciplinas afíns. Ademais, materializa o empeño a prol do desenvolvemento da actividades investigadora no área das Humanidades.
Para concluír o acto, interviñeron Mª Isabel González e o profesor Pegerto Saavedra que afirmou que se trata dun título que en si mesmo “é unha achega nova que enriquece” ratificando “a condición de gran investigador do seu autor no terreo da nobleza”. Pola súa banda, a vicerreitora adxunta incidiu na mesma dirección ao referise a Presedo como un “investigador concienzudo” na busca da máxima calidade para todos os aspectos relacionados coa elaboración do libro. Na súa opinión, este cuarto libro de Antonio Presedo “será referencia para outros autores”.