Ir o contido principal

‘USC, Editora’ reconstrúe no seu volume 4 o asasinato de Lucrecia Bermúdez de Castro, señora da Casa de Montaos, a mans do seu home

O Servizo de Publicacións da USC presenta un novo número do seu selo comercial

O cuarto volume do selo ‘USC, Editora’ reconstrúe os feitos, os motivos que o orixinaron e ás consecuencias do asasinato de Lucrecia Bermúdez de Castro, señora da Casa de Montaos, a mans do seu home. Co título Nobleza y régimen señorial en Galicia. La Casa de Montaos en los siglos XV e XVII, o Servizo de Publicación engade un novo número á serie de académica do seu propio selo comercial. A obra presentarase o vindeiro luns 20 ás 11.00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia coa asistencia do autor, o profesor Antonio Presedo Garazo; do prologuista, o tamén profesor Pegerto Saavedra; e do director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC (SPIC), Juan Blanco. ‘USC, Editora’ é a denominación comercial que dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente polo SPIC e sometidas a un sistema propio de avaliación. O selo nace como resposta ás crecentes iniciativas a prol de salientar e visibilizar a calidade e rigor das publicacións universitarias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2011.