Ir o contido principal

A USC, a Escola de Negocios Novacaixagalicia e as cooperativas farmacéuticas Cofaga e Cofano apoiarán un curso de formación continua en Xestión Empresarial de Oficinas de Farmacia

A USC, a Escola de Negocios Novacaixagalicia, Cooperativa Farmacéutica Galega (Cofaga) e Cooperativa Farmacéutica do Noroeste (Cofano), xuntarán esforzos para o desenvolvemento dun curso de formación continua en Xestión Empresarial de Oficinas de Farmacia. A colaboración formalizarase nun convenio que asinarán ol uns 4 de novembro o reitor Juan Casares; o director da Escola de Negocios, Eduardo García; e os presidentes dos consellos reitores de Cofano, Manuel Muradas, e Cofaga, Miguel Ángel Reviejo. O acto protocolario comezará ás 11.30 no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O curso celebrarase o vindeiro curso 2013-2014 cunha carga lectiva de 40 créditos e dirixido a profesionais das oficinas de farmacia e a titulados/as recentes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2013.