Ir o contido principal

A USC esixe que a educación superior e a I+D+i sexan consideradas un investimento e non un gasto

Juan Casares le o comunicado que de maneira simultanea se difundía no resto de Universidades públicas (Foto: Alfonso SERVIMAV)
Juan Casares le o comunicado que de maneira simultanea se difundía no resto de Universidades públicas (Foto: Alfonso SERVIMAV)
Súmase así a unha petición dos reitores e reitoras das Universidades españolas que fixeron pública este luns

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, deu este luns lectura a un comunicado conxunto das Universidades españolas no que mostran o seu parecer sobre a situación actual de recortes nos orzamentos do Estado, “que imposibilitan manter os estándares de calidade nas tres grandes funcións da universidade: a docencia, a investigación e a innovación”. No comunicado conxunto ‘A Universidade, garantía de futuro’, que esta mañá leron publicamente os reitores e reitoras de maneira simultánea nas súas institucións, solicitan que a educación superior, a investigación, o desenvolvemento e a innovación sexan consideradas “como un investimento e non como un gasto” á vez que reclaman un financiamento público “suficiente e sostible” e que se fortaleza a autonomía universitaria para que poidan diversificar as súas fontes de ingresos sen obstáculos. Á lectura do comunicado asistiu o equipo reitoral da USC (Foto: Alfonso SERVIMAV)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2012.