Ir o contido principal

A USC establece lazos de cooperación coa Universidade Técnica do Norte de Ecuador

A USC establece lazos de cooperación coa Universidade Técnica do Norte de Ecuador
A USC establece lazos de cooperación coa Universidade Técnica do Norte de Ecuador

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, recibiu este venres no seu despacho de San Xerome ao seu homólogo da Universidade Técnica do Norte de Ecuador, Antonio Posso Salgado, para establecer lazos de cooperación entre as dúas institucións. Na xuntanza estiveron tamén presentes o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, o profesor da Facultade de Matemáticas Juan Viaño e o vicedecano da Facultade de Enxeñaría Ambiental da universidade ecuatoriana, Carlos Casco.

Os reitores asinaron un primeiro protocolo de actuación que define as liñas de acción nas que colaborarán e que se dirixen fundamentalmente ao intercambio e formación de docentes, persoal investigador e estudantado. Cooperarán ademais na realización de publicacións e no desenvolvemento de proxectos científicos conxuntos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2011.