Ir o contido principal

A USC facilita a inscrición no voluntariado para o evento musical en Compostela ‘Womex 14’

Se che gusta a música e queres ser parte dun festival internacional de ‘world music’, podes facerte xa voluntario/a de WOMEX 14, que terá lugar en Santiago de Compostela do 22 ao 26 de outubro. Podes apuntarte ata o día 8 de outubro no SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria) da USC. Non é preciso que sexas estudante para participar, pero se o es podes conseguir recoñecemento académico polas túas colaboracións se fas o curso de formación básica en voluntariado organizado por este servizo. Sendo voluntario/a de WOMEX poderás asistir a máis de 50 concertos e outras actividades, coñecer artistas, xornalistas e xente do mundo da música de máis de 100 países. Ademais, saberás como funciona por dentro un evento internacional destas características. Para máis información podes enviar un mail a info.womex14 [at] nordesia.com (info[dot]womex14[at]nordesia[dot]com).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.09.2014.