Ir o contido principal

A USC facilita a recollida de aceite usado á comunidade universitaria

O colector está situado a carón do edificio do COIE
O colector está situado a carón do edificio do COIE

A comunidade universitaria da USC dispón dende esta semana dun colector para o aceite vexetal usado, dando así a institución un paso máis recollida selectiva de residuos. O sistema emprázase a carón do edificio do COIE, no Campus Vida. Ata agora a USC recollía o aceite vexetal producido en residencias e restaurantes universitarios, tendo en conta o seu alto poder contaminante. Así, con esta iniciativa piloto a Oficina de Desenvolvemento Sostible pon a disposición da comunidade universitaria un sistema ambientalmente correcto para a recollida deste residuo, favorecendo a súa reciclaxe e valorización. O aceite deberá depositarse en botella de plástico pechada. Para favorecer esta operación, a Oficina de Desenvolvemento Sostible entregará un funil-filtro especial para este tipo de recollida a aquelas persoas que se acheguen a depositar o seu aceite usado o venres 18 de 13.00 a 14.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2013.