Ir o contido principal

Pesar na USC polo falecemento da estudante Clara Mínguez Cibeira

A Universidade de Santiago de Compostela volve estar de loito polo falecemento este mércores da alumna Clara Mínguez Cibeira, residente do Burgo das Nacións, que a pasada semana sufriu un accidente de tráfico en Caldas de Reis no que tamén morreron outros tres estudantes da USC.
O vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán, trasladarase hoxe ao tanatorio ourensán As Burgas, en Ourense, para facerlle chegar á familia e amigos o pésame de toda a comunidade universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2010.