Ir o contido principal

A USC e a Federación Galega de Bancos de Alimentos asinan un convenio marco para desenvolver programas de voluntariado

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey, e o presidente da Federación Galega de Bancos de Alimentos, José Pita Chento, asinan este martes 14 un convenio marco para colaborar no desenvolvemento de programas de voluntariado e participación social dirixido ao estudantado universitario. O convenio que regulará este cursos, tanto de carácter asistencial como educativos, científicos e de defensa da investigación, asinarase ás 12.00 horas no Salón Reitoral de San Xerome.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2014.