Ir o contido principal

A USC e a Federación Galega de Fútbol asinarán un convenio para a celebración dun posgrao en Dereito do Deporte

O reitor Juan Viaño e o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, asinarán o luns 6 un convenio específico de colaboración para a realización dun curso de posgrao e Dereito do Deporte. O acto protocolario de sinatura celebrarase a partir das 12.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. A posta en marcha deste posgrao fomentará a formación e especialización de profesionais en relación coa ordenación xurídica do deporte, tanto profesional como amateur, integrando as diferentes perspectivas legais a valorar neste eido. A dirección deste título recaerá no catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, César García Novoa, e a súa coordinación no director da Asesoría Xurídica da Federación, Ulises Bértolo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2014.