A USC e a Federación Galega de Rugby colaboran na organización dun partido internacional da Copa de Europa de Nacións en Santiago
O vindeiro 16 de marzo disputarase en Compostela o partido internacional da Copa de Europa de Nacións de rugby entre as seleccións de España e Portugal.
A organización deste evento deportivo correrá a cargo da Universidade de Santiago e da Federación Galega de Rugby, que este mércores 27 asinarán o convenio que establece as cláusulas desta colaboración. No acto, ás 12.00 horas no Salón Reitoral de San Xerome, participarán o reitor Juan Casares Long e o presidente da Federación, Ignacio Cociña Iglesias.