Ir o contido principal

A USC e a Fiscalía de Galicia asinan un convenio para a prestación de servizos de investigación en materia de violencia de xénero

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, e o fiscal superior da Comunidade Autónoma de Galicia, Carlos Varela, asinarán este martes 26 un convenio de colaboración para a prestación de servizos de investigación en materia de violencia de xénero. O acto será ás 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O acordo regula a realización dun estudo sobre determinados aspectos médico legais e xurídico penais da violencia de xénero coa finalidade de adoptar medidas organizativas e de xestión que melloren a eficacia do servizo en Galicia. A investigación realizaraa un equipo da USC coordinado polos docentes María Sol Rodríguez Calvo, do Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, e Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas, do Departamento de Dereito Público Especial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2013.