Ir o contido principal

A USC e a Fundación Barrie colaboran para mellorar as competencias transversais e profesionais o estudantado

Do 16 de outubro ao 19 de novembro na Facultade de Ciencias Económicas terá lugar o programa de desenvolvemento de competencias ‘ Compete x Galicia’ da Fundación Barrié, de carácter gratuíto e que por vez primeira se desenvolverá simultaneamente nas tres universidades galegas. O alumnado que teña completado polo menos a metade dos créditos da carreira pode xa inscribirse telematicamente.

‘Compete x Galicia’ pretende impulsar a mellora das competencias transversais e profesionais dos graduados e graduadas e ampliar así o abano de opcións de traballo. A formación universitaria que ofrecen as universidades refórzase deste xeito para que o estudantado adquira as habilidades que lle facilitará o éxito profesional.

O programa conta con especialistas de renome para cada un dos seminarios e obradoiros, que terán as prazas limitadas excepto a conferencia sobre a comunicación como oportunidade de liderado que pronunciará o xornalista e director do Instituto de Comunicación Empresarial, Manuel Campo Vidal, o luns 18 ás 17.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2013.