Ir o contido principal

A USC e a Fundación Vodafone España asinan o luns o convenio para a continuación do Proxecto Estalmat-Galicia

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, e o presidente da Fundación Vodafone España, José Luis Ripoll, asinarán este luns 24 o convenio que permite continuar coa colaboración no Programa Estalmat en Galicia. A sinatura será ás 12:30 horas no Salón reitoral do Colexio de San Xerome.
O Proxecto ESTALMAT, iniciado en 1998 na Comunidade de Madrid co apoio da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, ten por obxecto detectar, estimular e orientar, ao longo de dous cursos, o talento matemático excepcional duns 25 estudantes (de 12 e 13 anos) mediante unha orientación semanal con actividades especialmente programadas para eles nas mañás dos sábados.
No curso 2007-08 a Facultade de Matemáticas compostelá pilotou a posta en marcha desta iniciativa en Galicia, que continuou nas posteriores edicións 2008-2009 e 2009-2010 con óptimos resultados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.05.2010.