A USC imparte clases de baile de salón e tiro con arco
Xa poden inscribirse os membros da comunidade universitaria
A Área de Deportes da USC ofrece clases de baile de salón e tiro con arco, sumando un total de 22 actividades xenerais a impartir durante o actual curso académico. O prazo de matrícula nestas dúas escolas abriu este luns para os membros da comunidade universitaria. O resto das persoas interesadas poden anotarse a partir do mércores, día 15.
Para obter máis información débese acudir ás oficinas da Área de Deportes, emprazadas na Piscina Universitaria, chamar ás extensións 15070-15071-15072-15073-15076 ou a través da web. Cómpre estar en posesión do Cartón Deportivo para participar en calquera actividade.