A USC imporalle este mércores a súa Medalla de Ouro ao Consorcio de Santiago
A USC imporalle este mércores 17 a súa máxima distinción, a Medalla de Ouro da Universidade, ao Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela nun acto que vai presidir o reitor Senén Barro a partir das 12:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Esta distinción, que recollerá o presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo, concédese a persoas ou entidades que sobresaen dun xeito extraordinario pola súa contribución ao sostemento ou ao cumprimento dos fins da institución universitaria.
No caso do Consorcio compostelán, a Medalla quere subliñar a súa colaboración coa Universidade de Santiago, ben mediante actuacións directamente desenvolvidas ou ben mediante apoio económico, no eido das infraestruturas así como no da intervención cultural.