Ir o contido principal

A USC informa á súa comunidade da importancia de doar medula ósea

A USC repite en Santiago este mércores 25 a campaña informativa sobre a doazón de medula ósea entre a comunidade universitaria desenvolvida noutras ocasións. Voluntarias e voluntarios do campus de Compostela instalarán diversos puntos informativos, ademais de manter encontros con estudantes para darlles a coñecer os pasos a seguir se queren converterse en doantes. Coordinada polo Servizo de Participación e Integración Universitaria, a iniciativa –xa desenvolvida no campus de Lugo– encádrase no marco dunha campaña a nivel estatal que se busca concienciar á poboación da importancia destes transplantes, que constitúen un tratamento acaído para curar determinadas enfermidades do sangue como a leucemia. A taxa actual de doazón de medula ósea é do 0,3% en España e só un de cada catro doentes que necesita un transplante atopa un doante compatible na súa familia, o que obriga a buscar outros potenciais doadores non emparentados pero con alto grao de compatibilidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.03.2015.