A USC, institución preparadora e examinadora das probas esixidas para conseguir a nacionalidade española
Dende outubro de 2015 o Instituto Cervantes convoca a proba de coñecementos institucionais e socioculturais de España (Proba CCSE) para solicitar a nacionalidade española. Esta proba, xunto coa superación do exame do Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE) do nivel A2 ou superior, forma parte dos requisitos obrigatorios.
Desde a saída da nova normativa, o Instituto Cervantes autorizou o Centro de Linguas Modernas da USC para ser examinador das probas CCSE. O Diploma DELE pódese obter tamén neste centro da USC dende 1992, este ano nas convocatorias de abril e novembro. En abril poderán realizarse os exames para obter os Diplomas B1, B2, C1e en outubro os B1, B2.
O DELE A2, en Cursos Internacionais
Ademais do CLM, Cursos Internacionais da USC é tamén centro examinador do DELE, no que se pode obter o nivel A2 que como mínimo se lle esixe aos aspirantes á nacionalidade. Neste caso, poderán facelo nas cinco convocatorias establecidas polo Instituto Cervantes: 15 abril, 20 maio, 15 xullo, 21 outubro e 25 novembro. Para a primeira de abril o prazo de inscrición remata o 16 de marzo. As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 881814498 ou escribir a cursos.internacionales [at] usc.es (cursos[dot]internacionales[at]usc[dot]es).