Ir o contido principal

A USC lamenta o pasamento de Francisco Javier Río Barja

A Universidade de Santiago de Compostela lamenta o pasamento de Francisco Javier Río Barja, xeógrafo, intelectual e docente da institución académica compostelá. Sumándose ao fondo pesar por esta perda, o reitor Juan Casares lembrou os méritos docentes, investigadores e humanos que concorrían na figura de Río Barja. Nacido en Lugo pero asentado en Compostela, Río Barja foi merecedor de numerosos recoñecementos á súa traxectoria, como o Premio Galicia de Investigación, a Medalla Castelao da Xunta de Galicia, o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo ou o premio Valle-Inclán e Alfredo Brañas do Centro Galego de Bos Aires. Integrante da Real Academia Galega, da Academia de Ciencias e do Consello da Cultura Galega, foi tamén director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Discípulo de Ramón Otero Pedrayo, entre as súas contribucións destacan o seu traballo a prol do desenvolvemento dos estudos e investigacións en todo o relacionado coa Xeografía e, de xeito particular e pioneiro, no ámbito da Xeografía Económica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.01.2011.