Ir o contido principal

A USC lanza un programa de estadías curtas dirixido a docentes e persoal investigador de India

O prazo para participar no programa remata o 12 de abril
O prazo para participar no programa remata o 12 de abril

A Universidade de Santiago lanza unha convocatoria propia de estadías curtas para persoal de universidades e centros de investigación da India que se integrarían nos grupos da USC que o soliciten. A convocatoria diríxese a docentes, xestores e xestoras institucionais de programas de mobilidade e a persoal investigador de India co obxecto de promover a internacionalización, favorecendo a promoción de proxectos de cooperación e investigación conxunta e a captación de talento. Enmarcado no Campus de Excelencia Internacional Campus Vida, o programa contempla estadías de duración entre 1 e tres meses que permitirán aos docentes e persoal investigador de India identificar liñas comúns de cooperación e centros e grupos de referencia así como avanzar en aspectos relacionados co seu traballo científico. Con esta iniciativa tamén se busca potenciar e afianzar os vínculos académicos, persoais e Institucionais entre a USC e o país asiático. Todas aquelas persoas da USC interesadas en participar neste programa acollendo a persoal científico de India deben cumprimentar unha ficha e remitila antes do 12 de abril a citt.europeos [at] usc.es (citt[dot]europeos[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2012.