Ir o contido principal

A USC e MicroBank asinan un convenio de colaboración para apoiar a creación e consolidación do emprego entre o colectivo universitario

O reitor Senén Barro e o presidente de MicroBank José Francisco de Conrado y Villalonga asinarán este xoves 7 un convenio nun acto protocolario que se vai celebrar a partir das 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
A través deste acordo, a entidade financeira apoiará as necesidades de financiamento do colectivo universitario en materia de autoemprego, así como para o establecemento, consolidación ou ampliación de microempresas e negocios de autónomos xurdidos no seo da comunidade universitaria.
No mesmo acto, Senén Barro tamén asinará un protocolo de colaboración coa Obra Social de ‘la Caixa’, co obxectivo de cooperar no desenvolvemento de proxectos encamiñados a fomentar a cultura emprendedora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2010.