USC e Mutua Universal conmemoran o 25 aniversario da súa colaboración institucional

A entrega dunha placa conmemorativa selou este venres 28 o 25 aniversario da colaboración entre a USC e Mutua Universal. Esta asociación de empresas sen ánimo de lucro leva máis de dúas décadas acometendo a xestión do servizo de seguro de accidentes laborais na institución compostelá e co gallo deste aniversario fíxoselle entrega ao reitor Antonio López dunha placa no Colexio San Xerome.
Mutua Universal presta os servizos atribuídos ás mutuas mediante a aplicación dun modelo propio de xestión orientado ás máis elevadas prestacións e desenvolvido sobre os principios de Universalidade, Excelencia, Innovación e Tecnoloxía e Proximidade.
Eduard Serrat, director de Organización Territorial de Mutua Universal; César Muiño, director territorial de Galicia; Antonio López Rodríguez, responsable de grandes contas; e José Arriví, responsable do centro de Santiago de Compostela, participaron no acto de entrega.
