Ir o contido principal

A USC obtén 28 prazas na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015

A USC obtén 28 prazas na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015
A USC obtén 28 prazas na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015

Na última convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 para o ano 2014, a USC obtivo 28 prazas –dun total de 50– cun importe de 3 millóns de euros na modalidade A e outras seis na modalidade B –dun total de 11–. No primeiro caso trátase de contratos dun máximo de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na universidade de orixe. A modalidade B inclúe un contrato de dous anos de duración sen posibilidade de prórroga nunha universidade do Sistema Universitario Galego (SUG) dirixido ao persoal doutor investigador beneficiario da convocatoria 2010 do programa Isidro Parga Pondal do Plan Incite. Dos 28 contratos outorgados a investigadores da USC para a realización de estadías no estranxeiro cun terceiro ano de contrato en Galicia, a maior porcentaxe recaeu en persoal investigador da área das Ciencias (12), seguido do da área de Ciencias da Saúde (5), Ciencias Sociais e Xurídicas (5) e Artes e Humanidades (5) así como unha praza para a de Enxeñaría e Arquitectura. Nesta convocatoria a Universidade de Vigo obtivo 18 prazas cun importe de 1,9 millóns de euros e a da Coruña outras 4 cun orzamento de algo máis de 443.000 euros. Na modalidade B, a convocatoria outorgou seis prazas á USC, catro no ámbito das Ciencias e outras dúas en Ciencias da Saúde. O persoal investigador da Universidade de Vigo acadou outras dúas e da Coruña unha. Estas axudas teñen como finalidade a ampliación da especialización no estranxeiro de persoal investigador doutor mediante o financiamento de estadías de investigación posdoutorais e a súa reincorporación ao SUG así como posibilitar a continuación da traxectoria investigadora das persoas que obtiveran unha praza na convocatoria 2010 do programa Isidro Parga Pondal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2015.