Ir o contido principal

A USC ofrece un 10% de desconto para o ciclo de concertos ‘Pel de Galiña’ da Cidade da Cultura

A comunidade universitaria da USC poderá beneficiarse dun 10% de desconto nos concertos do ciclo ‘ Pel de Galiña’ da Cidade da Cultura, que durante cinco noites se converterá nun escenario aberto á fusión, ritmos suxerentes, voces poderosas e cálidas e sons únicos baixo a premisa de ofrecerlles aos espectadores música que emociona. Noa & Solis String Quartet (21 de maio), Silvia Pérez Cruz & Jaime Colina Trío (8 de xuño), Gabriela Montero (21 de xuño), Uxía (12 de xullo) e Gregory Porter (26 de xullo) son os cinco concertos programados para o Museo Centro Gaiás. As entradas xa están á venda no Punto On da Cidade da Cultura ou en www.servinova.com a un prezo xeral de 10 euros na Zona B e de 12 euros na Zona A, e co pack3 ao mercar dúas entradas a terceira sae a tan só un euro.

As persoas interesadas neste desconto do 10% teñen que chamar ao teléfono 902 504 500 de Servinova e solicitar a aplicación da oferta da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2013.