Ir o contido principal

A USC é a oitava universidade española e a 351 do mundo pola cantidade e o impacto da súa produción científica

A USC é a oitava universidade española e a 351 do mundo pola cantidade e o impacto da súa produción científica
A USC é a oitava universidade española e a 351 do mundo pola cantidade e o impacto da súa produción científica
O ránking URAP 2013 inclúe datos das 2.500 institucións de ensino superior non gobernamentais con maior número de publicacións científicas

A USC é a oitava universidade española e a 351 do mundo pola cantidade e o impacto da súa produción científica, segundo os datos computados no último University Ranking by Academic Performance (URAP) e referidos ao exercicio 2013. O URAP é un sistema de clasificación para as universidades do mundo baseado na cantidade e na calidade das súas publicacións académicas que desde o ano 2010 elabora e publica o Instituto de Informática da Universidade Técnica de Oriente Medio (Metu), emprazada en Turquía. Este ránking de rendemento académico das universidades manexa datos das 2.500 institucións de educación superior non gobernamentais con maior número de publicacións científicas, aínda que finalmente solo inclúe na súa listaxe as 2.000 primeiras. Daquela, o URAP, que cubre o 10% das institucións de ensino superior do mundo, constitúe un dos ránkings de universidades máis completos. O sistema de clasificación empregado na elaboración do URAP baséase nas publicacións indexadas na Web os Science de Thomson Reuters, que facilita o acceso a grandes bases de datos bibliográficas, con referencia a citas de preto de 9.000 revistas en todas as áreas do coñecemento. Respecto dos indicadores computados neste ránking que mide o rendemento académico das universidade, o URAP ten en conta o número de artigos publicados e o seu posterior nivel de citación, a documentación xerada, o impacto dos xornais/revistas nas que se publican e a aceptación internacional das publicacións feitas. O último ránking de universidades por rendemento académico publicado destaca a USC como a oitava institución española de educación superior por cantidade e impacto da súa produción científica, ao tempo que a sitúa no lugar número 146 de Europa e na posición 351 de todo o mundo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2014.