Ir o contido principal

A USC organiza o Campionato Galego Universitario PDI-PAS

A Área de Deportes da Universidade de Santiago organiza para o sábado, día 31, no Campus de Lugo o Campionato Galego Universitario PDI-PAS. Dos oitenta e tres matriculados, sesenta e tres son persoal da USC.
As competicións de Tiro con Arco, Xadrez e Fútbol 7 darán comezo ás 11:00 horas. Por orde, participan un total de 14, 7 e 45 persoas; dos que son membros da USC 13, 4 e 33 inscritos. Por outra banda, a carreira de cinco quilómetros empezará ás 12:15 horas con 18 corredores dos que 15 son da institución docente compostelá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2008.