A USC co organiza unha conferencia internacional sobre a aplicación extraterritorial do dereito da Unión Europea
A USC participa na organización da conferencia internacional ‘A aplicación extraterritorial do dereito da Unión Europea’ da que son codirectores Laura Carballo Piñeiro, da universidade compostelá, e Monserrat Abad Castelos, da Universidade Carlos III. Ao longo dos días 18 e 19 no Club Financeiro de Vigo, profesionais e estudosos procedentes de México, Italia, Holanda e Portugal, así como de universidades de toda España compartirán debates arredor de oito paneis temáticos nos que se aborda cuestións relacionadas cos valores e dereitos humanos na UE; a aplicación do dereito da UE en comercio e contratos; a loita contra a corrupción dende a perspectiva do dereito internacional; os dereitos de propiedade intelectual; a normativa sobre protección de datos; o dereito da competencia da UE; a aplicación extraterritorial do dereito do medio ambiente; e as industria pesqueiras fronte os cambios nas áreas marítimas.