A USC organiza a sexta proba do Circuito de Running Universitario
Disputarase o 27 de novembro nunha distancia de 10 quilómetros
A USC organizará a sexta proba do calendario do Circuito de Running Universitario de ElCorteinglés, co apoio de RedKampus e a colaboración do Concello de Santiago. A proba percorrerá Compostela o 27 de novembro a partir das 11.00 horas ao longo de 10 quilómetros con saída e chegada nas pistas de Atletismo de Campus Vida.
Esta é unha competición dirixida á comunidade universitaria pero aberta tamén ao resto de persoas interesadas en participar. Así están previstas categorías de estudantes, persoal docente e investigador e de administración e servizos, unha clasificación por facultades e outra de carácter popular. O prezo da inscrición é de cinco euros, dos que 1€ se destinará a proxectos promovidos por Cruz Vermella.